A asociación 'Por un museo do mar para Marín' convoca unha asemblea para "salvar o vello peirao"
A asociación 'Por un museo do mar para Marín' convoca o vindeiro venres 17 de marzo unha asemblea aberta dirixida á toda a cidadanía co obxectivo de unir forzas en defensa do vello peirao que, segundo indican, é unha das últimas mostras restantes do que foi o rico patrimonio marítimo da vila.
José Antonio Pérez Santiago, presidente da asociación, afirma que xa non quedan fábricas de conserva, nin estaleiros de ribeira, nin case embarcacións, e que pouco a pouco Marín vai quedando sen a súa memoria mariñeira. Segundo Pérez Santiago, "sabemos que o Concello ten un proxecto para este espazo e nós queremos que se mellore, mais conservando a súa identidade".
Ademais, aclara que "se trata de unir forzas en defensa do que é noso, incluíndo ao Concello". "Queremos que Marín, seguindo o exemplo doutras vilas mariñeiras, conte cun museo vivo, e isto pasa por conservar non só os obxectos senon tamén os espazos vinculados coa nosa cultura mariñeira", engade.
A asemblea terá lugar na Bliblioteca de Marín ás 20:00 horas.