'Fame Cero', a exposición que manifesta como se estraga comida no mundo
Este luns 13 presentouse a exposición 'Fame Cero' co motivo do Día Internacional da fame e do Día Internacional da Nutrición, que se conmemoran o 28 de maio. A mostra permanecerá visible durante un mes na rúa Daniel de la Sota.
Este modelo de exposición presenta a artistas que actualmente están a vivir en Galicia. En cambio, moitos deles teñen as súas orixes noutros países como Portugal, Polonia e Alemaña, comenta Antón Sobral, comisario da mostra.
Sobral expón que neste proxecto están implicados cinco homes e cinco mulleres, sendo un proxecto igualitario.
Marcos Rey, concelleiro de Benestar Social, comenta que esta exposición é unha homenaxe "a toda esa xente e entidades que traballan para que non haxa fame en Pontevedra, e máis en concreto ao pai Gonzalo Diéguez, que acaba de falecer recentemente e que fixo posible que ou comedor de San Francisco ofreza nestes momentos comida a unhas 150 persoas".
Rey expón que "desde o Concello tamén estamos protexendo a unhas 96 familias (uns 300 cidadáns), apoiándoas nas necesidades que teñen".
Antón Sobral comenta que "aínda que os textos falan da fame a nivel mundial e nos lembran que hai fame en Somalia, non esquecen que tamén hai fame en Galicia e en Pontevedra: hai moitísima xente que pasa fame aquí e tamén moitísima xente solidaria".
Sobral critica como afecta a fame á sociedade e lembra que se produce o dobre da comida que se necesita no mundo. Con todo, hai 800 billóns de persoas que pasan fame a diario. Tamén comenta que os artistas utilizan o seu traballo para concienciar sobre estas causas. De feito os cadros están acompañados dun texto explicativo sobre esta temática.
Aparte de reivindicar o problema da fame queren transmitir que "hai xente solidaria", comenta Sobral, que pon como exemplo o caso da organización Cáritas e a Asociación Rexurdir, entidades colaboradoras neste proxecto.
Relacionadas:
-
O Día Mundial da Nutrición, representado na exposición 'Fame Cero 2'
Por Álvaro Arosa Barco |
-
Pontevedra, primeira área sanitaria galega que trata a obesidade con gastroplastia endoscópica
Por Redacción |
-
O alumnado do colexio Vilaverde atende os consellos da SD Teucro sobre 'Saúde, alimentación e actividade física'
Por Redacción |