A nova oficina turística de Pontevedra estará "plenamente operativa" en Semana Santa

Por Redacción
Pontevedra contará moi pronto cunha nova oficina turística. Estará situada ao comezo da Avenida de Montero Ríos, xusto enfronte das ruínas de San Domingos.
As obras para habilitar este espazo, nas que se investirán uns 40.000 euros, comezaron xa e a parte externa da oficina, que será un módulo preconstruido, estará instalada "en dous ou tres días", segundo a edil de Promoción Económica, Yoya Blanco.
A concelleira socialista destacou que esta oficina estará situada "no corazón da cidade", o que fará que será "moito máis fácil" que poidan atender directamente aos visitantes "que veñen preguntar e informarse".
Con este cambio de localización, a oficina de Turismo de Pontevedra abandonará a súa sede actual, no edificio administrativo de Churruchaos.
Ademais, Blanco indicou que neste novo espazo centralizarase toda a información turística do municipio, despois de que finalizase o convenio con Turismo Rías Baixas para ter presenza propia no Palacete das Mendoza.