Aprendizaxe e diversión a través dos talleres impartidos por Augas de Galicia
Coa fin de conmemorar o Día Mundial da Auga e aumentar a sensibilización ambiental, a Xunta de Galicia levou a cabo este 23 de marzo unha serie de talleres didácticos con especial relevancia para os alumnos de 1º e 2º de Primaria do CEIP Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas.
Entre as actividades programadas, inclúense as presentacións visuais, vídeos e animacións que achegaron o contido teórico esencial ao alumnado, así como unha práctica de descontaminación da auga ou o simulado posterior dos elementos dunha planta real. Será mañá cando os escolares de 1º e 2º de Primaria do CEIP de Ponte do Porto, en Camariñas, poidan ser partícipes de dous talleres da mesma índole.
Na mesma xornada deste xoves, os profesionais do sector industrial de Meaño asistiron a unha visita guiada pola depuradora do município para coñecer o seu funcionamento.
O obxectivo deste proxecto é fomentar a importancia da auga para a vida e a necesidade de xestionar este recurso dun xeito sostible. A Xunta ten como meta este ano "Acelerar o cambio" e promover o avance na consecución do obxectivo de desenvolvemento sostible 6: "auga e saneamento para todos", como parte da Axenda 2030.