Cumio no Vao para establecer "canles fluídas" de comunicación coa Policía
Por Redacción
Crear unha "canle fluída" de comunicación entre ambas as partes. Ese foi o principal obxectivo do encontro que mantiveron o novo comisario provincial, Juan José Díaz, co patriarca do poboado xitano do Vao, Adolfo Casal Camacho.
Esta reunión enmárcase dentro da rolda de contactos iniciada polo comisario tras tomar posesión como máximo responsable da Policía Nacional en Pontevedra.
Dentro destes contactos, Díaz quixo pulsar o sentir de diferentes colectivos e asociacións da cidade de Pontevedra.
Así, entre outras cuestións, ambos os dous dirixentes analizaron os problemas en materia de seguridade que aprecian no seu ámbito de influencia, comprometéndose a estimular a colaboración cidadá, que é fundamental para o desenvolvemento das operacións policiais.
O comisario provincial efectuou ademais unha visita polo propio poboado, acompañado do propio patriarca, que lle explicou as melloras que necesita esta zona e as necesidades que teñen os seus residentes.
Relacionadas:
-
"No Vao xa non se trapichea, agora venden a domicilio"
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra segue mantendo as infraccións penais por debaixo da media nacional
Por Oskar Viéitez |
-
A violencia de xénero, a ciberdelincuencia, o crime organizado ou ter máis policías nas rúas, "obxectivos prioritarios" para o novo comisario
Por Alejandro Espiño |
-
O comisario provincial constata un "pequeno repunte" do tráfico de heroína en toda España e parte de Europa
Por Natalia Puga |