Reabre a cafetería do histórico Café Moderno
Por Redacción
O emblemático Café Moderno reabriu as súas portas este xoves despois de oito meses pechado.
O hostaleiro Manuel Arís, propietario de Los Castellanos, alugou por un ano este local de Afundación. O contrato é prorrogable.
O horario de apertura fixado é de 8 a 23 horas.
O local mantense inalterado despois da última rehabilitación do edificio, dirixida polo arquitecto portugués Álvaro Siza, que respectou ao máximo o seu espírito orixinal e a calidade dos materiais. Detalles como os espellos e as lámpadas orixinais ou os piares de ferro.
Ademais conserva as pinturas de destacados artistas galegos da primeira metade do século XX, como Monteserín, Pintos Fonseca, Carlos Sobrino ou Laxeiro.