Novas actuacións para evitar focos de ruído na depuradora dos Praceres
Por Redacción
Augas de Galicia acometerá novas actuacións na estación depuradora de augas residuais dos Praceres para evitar novos focos de ruído na contorna das instalacións.
Así o deu a coñecer este sábado a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, que explica que se trata de medidas de illamento acústico dos equipos na zona de decantación da estación depuradora para minimizar os impactos na contorna.
Trátase de medidas secundarias con fins preventivos que foron adxudicadas á empresa Geseco Aguas S.A. por importe de 35.968 euros.
A través deste contrato, que conta cun prazo de execución de 2 meses, desenvolveranse os traballos encamiñados a reducir de xeito específico os posibles focos de ruído situados na etapa de decantación, na zona de recirculación e dosificación de area dos decantadores e nos tanques 'actiflo'.
Para iso procederase á instalación dunha pantalla acústica metálica de 80 mm de espesor, formada por paneis de 1000 mm de altura, instalada sobre estrutura metálica. As dimensións totais acadarán os 6x3 metros.
Ademais instalarase unha cabina de insonorización para elemento en intemperie, de dimensións 1,5 x 1,5 x 1,5 metros, con apertura a instalar na dirección oposta á das vivendas máis próximas.
Relacionadas:
-
Rematado o illamento acústico na zona de decantación da depuradora dos Praceres
Por Redacción |
-
Novos proxectos en Pontevedra, Poio e Marín para sanear a ría
Por Redacción |
-
Ethel Vázquez, sobre o antigo emisario da depuradora: "Non vemos impedimento para que o poida utilizar ENCE"
Por Anxo Lourido |
-
Alumnos de Enxeñería Ambiental descobren como funciona a depuradora dos Praceres
Por Redacción |
-
Ethel Vázquez admite que se estudan fórmulas para reutilizar augas da depuradora en ENCE
Por Redacción |
-
A Xunta asegura que as queixas sobre novos cheiros e ruídos na depuradora dos Praceres "carecen de fundamento e veracidade"
Por Oskar Viéitez |