O PP esixe "medidas activas" para revertir o "problema demográfico" de Pontevedra
Este luns 10 de abril, Rafa Domínguez, presidente do Partido Popular de Pontevedra, expuxo unha serie de medidas para aumentar a poboación en Pontevedra que desde 2021 foi decrecendo.
Domínguez comenta algúns erros que favorecen a que suceda esta situación.
O presidente do Partido Popular destaca que o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) está "obsoleto"; a alta taxa de desemprego, especificamente no paro feminino e no xuvenil, así como a falta de atracción de empresas.
Rafa Domínguez tamén destaca a problemática do atraso das licenzas e do aumento do custo dos materiais: "no podemos saber a ciencia cierta cuántas empresas han decidio abandonar sus proyectos y negocios, cansados de esperar por una licencia municipal así como el aumento del precio de los materiales".
O presidente do Partido Popular comenta que se deron casos nos que se tardou máis de 20 anos en conceder unha licenza.
Ante estas problemáticas, o popular propuxo unha serie de medidas: a realización dun novo PXOM, "para abaratar el precio de la vivienda, que permita la construcción controlada en las parroquias, ampliar el espacio del polígono del Campillo". Neste plan estratéxico busca atraer empresas e a creación dun hub tecnolóxico.
"Traer la universidad al centro de la ciudad, con la creación de nuevas facultades, el apoyo el turismo, sobre todo de forma desestacionalizada, la creación de un estudio serio y profundo de tráfico o la gratuidad del transporte público en la ciudad" son as propostas electorais que explica Domínguez.
O popular finaliza comentado que "el problema demográfico en Pontevedra es un síntoma, un síntoma de agotamiento legislativo, pero sobre todo un síntoma de que la situación económica de la ciudad es ciertamente deficiente. Creo que se deben tomar medidas activas para intentar revertir esta situación y creo que con las políticas actuales es difícil que esto mejore".
Relacionadas:
-
O PP non se une ao rexeitamento da corporación á "invasión eólica" nos montes de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Rafa Domínguez reúnese con representantes do comercio local para fomentar o desenvolvemento sostible na cidade
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez, do PP, alerta de inseguridade en Campolongo ao rexistrarse pequenos furtos e venda de drogas polo miúdo
Por Anxo Lourido |
-
O PP de Pontevedra tamén pedirá á Xunta a ampliación do parque empresarial do Campiño
Por Oskar Viéitez |
-
Rafa Domínguez propón crear en Pontevedra unha incubadora tecnolóxica de empresas
Por Álvaro Arosa Barco |
-
Rafa Domínguez desgrana ante os empresarios o seu plan para "reverter" o rumbo económico de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |