Propoñen un enfoque médico multidisciplinar para combater a 'epidemia' da obesidade
O hospital Quirónsalud Miguel Domínguez reunirá a médicos expertos na abordaxe terapéutica da obesidade para analizar como reducir o sobrepeso e a obesidade na poboación. O encontro, que se celebrará o vindeiro martes 18 de abril, está aberto a todos os profesionais das diferentes disciplinas que interveñen no tratamento destas enfermidades.
No seu último informe, a ONU advertiu que as taxas de obesidade alcanzaron proporcións de epidemia en Europa e continúan en aumento. E alertou que as persoas con sobrepeso ou obesidade foron máis prexudicadas pola pandemia de COVID-19. Por unha banda, tiveron máis probabilidades de complicacións e de falecementos e, pola outra, as atencións sanitarias que precisaban interrompéronse ou retardaron pola emerxencia sanitaria.
Galicia é unha das Comunidades coa taxa máis alta de obesidade, segundo os datos do Estudo Nutricional da Poboación Española (ENPE). Ademais, a Enquisa Europea de Saúde (2020) sinala que o 39% da poboación ten sobrepeso e o 16,5% é obesa.
ANÁLISE MULTIDISCIPLINAR
"A obesidade é unha enfermidade complexa que necesita dunha abordaxe multidisciplinar" indicou Fernando Santos, coordinador da xornada e médico do equipo de Cirurxía Xeral e Dixestivo no Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez. "As técnicas endoscópicas ou de cirurxía poden resolver o problema, pero temos que axudar ás persoas para cambiar os seus hábitos de vida, por iso necesitamos do asesoramento nutricional e psicolóxico", indicou.
O programa analizará a abordaxe do sobrepeso e a obesidade a través do tratamento farmacolóxico, endoscópico e técnicas cirúrxicas coa intervención de catro expertos. María Barragáns, endocrina no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, expoñerá as indicacións e resultados do tratamento con fármacos. David Martínez Ares, da Unidade de Aparello Dixestivo do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez, explicará as técnicas endoscópicas máis frecuentes.
Por último, o doutor Jesús Sánchez Nebra, coordinador do equipo cirúrxico de Cirurxía Xeral e Dixestivo no Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez, profundará nas técnicas restritivas na obesidade, e o doutor Fernando Santos centrará a súa atención nas técnicas malabsortivas (asimilación inadecuada dos alimentos).
As intervencións complétanse coa análise nutricional da obesidade mórbida, impartido por Carlos Regueiro, nutricionista do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez, e a avaliación psicolóxica e seguimento nun tratamento cirúrxico da obesidade que expoñerá Daniel Caamaño, psicólogo da Unidade Cirurxía Bariátrica de Santos-Cirurxiáns.
SOBRE QUIRÓNSALUD
Quirónsalud é o grupo hospitalario líder en España e, xunto coa súa matriz Fresenius-Helios, tamén en Europa. Ademais da súa actividade en España, Quirónsalud está tamén presente en Latinoamérica, particularmente en Colombia e Perú. Conxuntamente, conta con máis de 45.000 profesionais en máis de 180 centros sanitarios, entre os que se atopan 58 hospitais con máis de 8.000 camas hospitalarias. Dispón da tecnoloxía máis avanzada e dun gran equipo de profesionais altamente especializado e de prestixio internacional. Entre os seus centros, atópanse o Hospital Universitario Fundación Jiménez Díaz, Centro Médico Teknon, Ruber Internacional, Hospital Universitario Quirónsalud Madrid, Hospital Quirónsalud Barcelona, Hospital Universitario Dexeus, Policlínica Gipuzkoa, Hospital Universitari General de Catalunya, Hospital Quirónsalud Sagrado Corazón, etc.
O Grupo traballa na promoción da docencia (dez dos seus hospitais son universitarios) e a investigación médico-científica (conta co Instituto de Investigación Sanitaria da FJD, acreditado pola Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación).
Así mesmo, o seu servizo asistencial está organizado en unidades e redes transversais que permiten optimizar a experiencia acumulada nos distintos centros e a translación clínica das súas investigacións. Actualmente, Quirónsalud está a desenvolver multitude de proxectos de investigación en toda España e moitos dos seus centros realizan neste ámbito un labor punteiro, sendo pioneiros en diferentes especialidades como oncoloxía, cardioloxía, endocrinoloxía, xinecoloxía e neuroloxía, entre outras.
Relacionadas:
-
A cirurxía bariátrica, unha solución para o 70% dos pacientes con obesidade
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud amplía especialidades cun novo servizo de Dermatoloxía ante a elevada demanda de consultas
Por Noticia patrocinada |
-
García Comesaña inaugurará a Xornada de Cirurxía Coloproctolóxica en Montecelo coa presenza dun cento de especialistas
Por Redacción |
-
Cirurxía bariátrica para gañar en saúde e calidade de vida
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud pon en marcha o Servizo de Aparello Dixestivo para prestar unha asistencia sanitaria integral
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud Miguel Domínguez amplía Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo con especialistas en técnicas minimamente invasivas
Por Redacción |