A cirurxía bariátrica, unha solución para o 70% dos pacientes con obesidade
A cirurxía da obesidade, coñecida como cirurxía bariátrica, é o tratamento máis efectivo para os pacientes con obesidade mórbida, é dicir, cun índice de masa corporal (IMC) igual ou maior a 40, ou persoas que presentan un IMC menor, pero padecen outras enfermidades vinculadas a esta. A Sociedade Americana de Diabetes tamén recomenda esta cirurxía para tratar esta enfermidade e que é a mellor solución nun 70% dos casos de Obesidade Mórbida.
No Hospital Quirónsalud Miguel Dominguez ofrecemos unha avaliación individualizada do paciente con obesidade e cun equipo multidisciplinar que acompañará o paciente en todo o proceso formado por cirurxiáns xerais, dixestivos, endocrinólogos, psicólogos, psiquiatras e nutricionistas entre outros, para poder establecer o tratamento máis adecuado.
O doutor Jesús Sánchez Nebra, xefe da Unidade de Obesidade do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez, explica que "é vital realizar unha avaliación médica inicial personalizada, deste xeito, podemos recomendar a cirurxía máis adecuada para cada persoa e iniciar o tratamento de forma inmediata".
Existen múltiples técnicas de cirurxía bariátrica que se poden clasificar en restritivas, aquelas que acurtan o tamaño do estómago, malabsortivas que reducen a absorción de alimentos e as mixtas. "Sempre que sexa posible, recomendo a cirurxía restritiva, en concreto, a gastrectomía tubular coñecida como manga gástrica porque non produce ningún déficit alimenticio", indica o doutor Sánchez Nebra. Esta técnica consiste en reducir o estómago dándolle forma tubular, o que minimiza significativamente o volume da inxesta e a sensación de fame.
Tamén se realizan outras técnicas como o bypass gástrico, o cruzamento duodenal ou a colocación do balón intragástrico, entre outras. As técnicas cirúrxicas bariátricas poden lograr un 40 % de perda de peso dos 12 a 18 meses despois da cirurxía, e cun mellor mantemento deste peso a longo prazo que as abordaxes non cirúrxicas.
UN ANO DE CONTROL E SEGUIMENTO
A perda de peso máis importante prodúcese durante os primeiros seis meses, pero prolóngase ata o ano ou ano e medio da intervención, momento no que se estabiliza o peso. O seguimento postoperatorio, un control nutricional e psicolóxico é fundamental para manter esta perda de quilos no tempo e evitar a "reganancia" de peso.
O tratamento nas Unidades de Obesidade de Galicia inclúe seguimento psiquiátrico ou psicolóxico e nutricional, despois da intervención cirúrxica
A cirurxía da obesidade implica cambios moi importantes nos hábitos de alimentación que requiren dun período de adaptación. O tratamento nas Unidades de Obesidade de Galicia inclúe seguimento psiquiátrico ou psicolóxico e nutricional, despois da intervención cirúrxica. "Ocupámonos de todo o proceso: asesoramento, control e seguimento previo á cirurxía e acompañamento posterior", destaca o doutor Jesús Sánchez Nebra.
O equipo das Unidades de Obesidade ofrece toda a información ao paciente para que coñeza o obxectivo terapéutico en cada etapa do proceso e o orzamento pechado.
O éxito da cirurxía da obesidade demanda que se realicen cambios nos hábitos de vida e alimenticios. Non hai fórmulas milagrosas, é necesario afacerse a uns hábitos saudables para toda a vida.
MÁS CALIDADE DE VIDA
Xunto á redución do peso, os pacientes que se someten a unha cirurxía da obesidade obteñen un conxunto de beneficios para a súa saúde de maneira inminente como a remisión das comorbilidades, a redución da mortalidade e o incremento da calidade de vida, unha das grandes demandas destes pacientes.
Esta cirurxía tamén ofrece outros beneficios como a redución de mortes prematuras, a reinserción no mercado laboral, o aumento da capacitación profesional e a diminución das baixas laborais.
Consulta información sen compromiso:
Unidade de Obesidade | Hospital Quirónsalud Pontevedra
Relacionadas:
-
Quirónsalud pon en marcha novas ferramentas dixitais para mellorar o día a día dos seus pacientes no hospital
Por Noticia patrocinada |
-
Propoñen un enfoque médico multidisciplinar para combater a 'epidemia' da obesidade
Por Noticia patrocinada |
-
O láser Holmium garante a eliminación dos cálculos urinarios de forma segura e rápida
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud Miguel Domínguez amplía Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo con especialistas en técnicas minimamente invasivas
Por Redacción |