VI Xuntanza Cabalar, unha cea e a Disco Móbil Lagarto esta fin de semana en Campo Lameiro
Este sábado 15 de abril os Cabaleiros de Campo Lameiro en colaboración co Concello de Campo Lameiro realizarán a VI Xuntanza Cabalar. Esta iniciarase ás 16.30 horas e sairase de Santo Antonio de Penalba e finalizará ás 21.00 horas neste mesmo lugar.
O percorrido que se realizará efectuarase de forma circular e poderanse observar os principais atractivos naturais e turísticos do municipio. Esta actividade guiarana os Cabaleiros de Campo Lameiro.
Unha vez finalice a ruta, comezará a cea servida polo catering Fuchela, que irá acompañada da música de Disco Móbil Lagarto.
O custo da actividade e da cea é para os adultos de 28 euros e para os menores de idade o importe é de 14 euros. No caso que só se queira ir ao petisco do final da actividade, a contía é de 5 euros.
As persoas que estean interesadas en acudir a esta Reunión Cabalar terán que comunicarse cos seguintes números de teléfono 647 17 39 24 (Yoli) ou 722 57 68 82 (Nerea).
Desde a organización comentan que as persoas rexistradas, aínda que contan cun seguro para a actividade, os propietarios dos cabalos que participen na actividade deberán facerse cargo dos danos que poida causar a súa montura, no caso de producirse.