Ana Pastor pechará a lista do PP de Pontevedra nas próximas eleccións municipais
Por Oskar Viéitez
O presidente local do Partido Popular de Pontevedra e candidato á Alcaldía, Rafa Domínguez, comunicou á Xunta Directiva da formación local que Ana Pastor Julián pechará a lista coa que a formación concorrerá ás próximas eleccións municipais.
"Ana Pastor siempre ha estado comprometida con Pontevedra y con sus vecinos", destacou Rafa Domínguez.
"No existe duda alguna que Pastor seguirá trabajando por su ciudad como siempre lo ha hecho, con honestidad, transparencia y dedicación, para seguir haciendo crecer esta tierra que tanto quiere", engadiu o candidato do PP.
Ana Pastor Julián, actual vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados, é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Salamanca, médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria e funcionaria de carreira do Corpo Superior de Saúde Pública e Administración Sanitaria.
Dedicou a súa vida profesional ao servizo público, desempeñando, entre outras funcións, a de médico asistencial, directora provincial do SERGAS en Pontevedra, directora xeral da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, ministra de Sanidade, ministra de Fomento e presidenta do Congreso.
Ao longo da súa carreira política foi ademais elixida deputada das Cortes Xerais en oito lexislaturas.
O presidente da formación local móstrase "ilusionado" e convencido de que a inclusión de Ana Pastor na lista electoral supoñerá "una aportación fundamental para el equipo, gracias a su compromiso con Pontevedra y con los valores y principios que defiende el partido".