109 alumnos do IES de Sanxenxo participan no proxecto de educación ambiental 'Coidemos as nosas dunas'
O Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) realizou, ao longo do mes de marzo, unha nova edición do proxecto de educación ambiental 'Coidemos as nosas dunas' en colaboración co IES de Sanxenxo.
Esta iniciativa, na que levan traballando o centro e o colectivo dende 2017, contou coa participación de 109 alumnos pertenecientes a las aulas de 1º y 4º de la ESO.
O obxectivo do proxecto, segundo o CES, é dobre. Trátase de aproveitar un recurso educativo moi próximo ao alumnado para estudar de forma práctica contidos do temario de Bioloxía e Xeoloxía. Mediante unha charla e un roteiro guiado polas dunas, o alumnado tivo a ocasión de reforzar estes contidos de forma práctica e significativa.
O segundo obxectivo é poñer en valor os ecosistemas dunares do concello, especialmente o de Baltar que, segundo indican desde o CES, atópase sometido a moita presión por estar ubicado en zona urbana.
Ademais, afirman que esas dunas sofren todo tipo de impactos e actuacións desafortunadas como as rozas con tractor, que continúan hoxe en día. No proxecto, analizaron as consencuencias desta práctica como a eliminación de especies dunares, a compactación do terreo, a propagación de especies invasoras, a perda de hábitats para a fauna, e incluso a morte de exemplares de fauna como ourizos cachos, así o explica o colectivo ecoloxista.
O CES tamén fai fincapé na necesidade de acometer canto antes o proxecto de rexeneración redactado no seu día polo Concello. Durante o mes de maio levarase a cabo unha charla e unha eliminación de especies invasoras por parte do alumnado de 4° ESO do centro.