Carmen Torres Rey, a veciña máis veterana de Cuntis, celebra 105 anos
Por Redacción
Carmen Torres Rey celebrou este mércores 12 de abril o seu 105 aniversario.
Esta veciña do lugar de Constela, na parroquia de Couselo, é a residente de maior idade no municipio de Cuntis.
Manuel Campos, alcalde da vila, e as concelleiras Conchy Campos e Anabel Loureiro visitaban o domicilio desta muller para acompañala na celebración e trasladarlle ánimos para que "siga cumprindo anos igual de ben que ata o de agora".
Durante a celebración entregábaselle un ramo de flores a Carmen e tamén houbo oportunidade de apagar as candeas da torta elaborada para a ocasión.