Carmen Torres Rey, veciña de Couselo, celebra 104 anos cun sorriso
Por Redacción
Carmen Torres Rey é a veciña con máis idade do municipio de Cuntis. Esta tarde recibía a visita e as felicitacións do alcalde Manuel Campos Velay, que acudía acompañado dos concelleiros Anabel Loureiro e José Treviño.
Esta veciña do lugar de Constenla, na parroquia de Couselo, celebra os seus 104 anos de idade. Recibiu un ramo de flores e soprou as velas da súa torta e este ano xa ofreceu o seu sorriso sen máscara nas fotos.
Desde o Concello de Cuntis esperan que esta veterana veciña continúe cumprindo anos "igual de ben que ata o de agora".