As visitas ás oficinas de turismo de Sanxenxo e Portonovo aumentaron un 20% en Semana Santa
Por Redacción
As visitas ás oficinas de turismo de Sanxenxo e Portonovo incrementáronse esta semana Santa un 20,25% con respecto ao mesmo período de 2022. Este indicador súmase ao crecemento do consumo de auga e de recollida de lixo no municipio.
Nos datos das oficinas de turismo, destacan que os visitantes que se achegaron a estes puntos foron maioritariamente do territorio nacional encabezados por Madrid (35,74%), País Vasco (13,36%), Galicia (13%), Castela León (7,94%), Cataluña (7,58%) e Asturias (5,78%), mentres que os internacionais destacan os procedentes de Portugal e Inglaterra.
"Outro dato relevante", sinalan, é que o case o 60% visitou Sanxenxo por primeira vez e o 40% restante xa coñecía o municipio e a maioría preguntaron que visitar, as viaxes ás illas, natureza, praias, cultura e festas.
Pola súa banda, o aloxamento máis utilizado polos visitantes ás oficinas foron os hoteis (48,10%) seguido de apartamentos (29,11%).
O consumo da auga tamén tivo un incremento con respecto á anterior Samana Santa, pasando dos 43.233 a 46.607 metros cúbicos, segundo datos facilitados pola concesionaria do servizo Espina y Delfín. Isto foi debido ao bo tempo do período vacacional, que animou a moitas persoas ao enchido de piscinas, así como os consumos na hostalería e a actividade hostaleira influíu neste incremento.
Desde o Concello tamén destacan os datos facilitados pola empresa de recollida de lixos Ascan, que indicaron que a recollida de envases duplicou case a cantidade dunha tempada a outra ao pasar de 4.890 a 8.880 quilogramos. Tamén creceu o papel ao pasar de 9.700 a 14.100 quilogramos, o resto e o vidro.
Pola contra, o dato do paro diminuíu un 8,55%, é dicir, de 721 aos 672 parados.
Relacionadas:
-
O sector turístico xa pode solicitar axudas de mellora da eficiencia enerxética
Por Redacción |
-
O turismo deixou datos "históricos" nas Rías Baixas esta Semana Santa
Por Oskar Viéitez |
-
A renovada oficina de turismo do porto deportivo venderá produtos da marca Sanxenxo
Por Redacción |
-
As Rías Baixas, a tope en Semana Santa
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Turismo Rías Baixas estima unha ocupación para a Semana Santa do 68%
Por Oskar Viéitez |