Presentada a lista coa que o PSOE de Sanxenxo concorrerá ás eleccións municipais
Por Redacción
O Partido Socialista de Sanxenxo está xa preparado para as próximas eleccións municipais do 28 de maio.
A agrupación, coa súa actual portavoz Ainhoa Fervenza á cabeza, presentou oficialmente este venres a composición da súa candidatura aos comicios locais.
Trátase dunha lista, asegura Fervenza, na que se mestura "a experiencia de antigos militantes e a ilusión e forza de xente nova", con representantes de colectivos "que viven por e para o pobo, cunha gran capacidade de xestión, xa probada polos anos que levan nas asociacións".
A candidata afirmou ademais que afronta a cita electoral "cunha ilusión enorme, sabendo que fixemos unha boa oposición durante estes catro anos, sempre defendendo os intereses dos veciños e veciñas de Sanxenxo".
A lista electoral do PSOE de Sanxenxo compóñena: 1-Ainhoa Fervenza Celestino, 2-Ladislao Viñas García, 3-Marta Caneda Prieto, 4-Antonio Cacabelos Montes, 5-Rebeca Fernández Fernández, 6-Fernando Otero Montes, 7-Josefina Rodríguez Outeda, 8-Carmen Sanmartín Fraga, 9-Daniel Lage Viñas, 10-Roberto Garrido Pérez, 11-María Elvira Figueroa Padín, 12-Carlos Andrés Amariles Reyes, 13-María del Carmen Sueiro Ásperez, 14-Ramón Sartages Bouzada, 15-Fermina Reinaldos Martínez, 16-Jose Castro Fernández, 17-María Victoria Souto Torres, 18-Jose Ramón López Fernández, 19-Carla Losada Fervenza, 20-Ramón Formoso Pato, 21-Ana María García Figuera.