Equilibrio entre experiencia e mocidade no BNG de Sanxenxo para acompañar a Francisco Leiro
Por Redacción
Un equipo de vinte persoas que, segundo destaca o BNG, mesturan "renovación e veteranía e mocidade e experiencia". Así é a candidatura que acompañará a Francisco Leiro nas eleccións municipais de Sanxenxo, que se celebrarán o próximo 28 de maio.
"É un equipo preparado para gobernar e facer de Sanxenxo un concello centrado en mellorar a calidade de vida dos veciños", subliña o candidato nacionalista dunha lista "equilibrada, feminista, con persoas formadas, capaces e con experiencia demostrada".
Xunto a Francisco Leiro, irán Tamara Castro (2), técnica en asistencia a dirección; o autónomo Octavio González (3), do sector da pintura e decoración; Estrella Martínez (4), traballadora do IES As Bizocas; e Adrián González Prado (5), asesor laboral.
Andrea Ucha (6), Dora Gondar (7), Marcos Suárez (8), Helena Viñas (9), Anxo Telmo Rincón (10), Vanesa Vidal (11), Fátima Corbacho (12), Xoel Otero (13), Arturo Acuña (14), Rocío Garrido (15) e Perfecto Otero (16) ocupan os seguintes postos da lista.
Sandra Fernández Agraso (17), actual portavoz municipal do BNG, irá pechando a candidatura, que inclúe como suplentes a María Dolores Aguín, Albino Caneda e Josefa García.