Unha ofrenda floral ao son do violín pecha os actos en homenaxe a Johan Carballeira
O Concello de Bueu, da man da Asociación de Amigos de Johan Carballeira, organizou esta fin de semana diversos actos emotivos para conmemorar a figura de Johan Carballeira, quen fora alcalde de Bueu, poeta e xornalista. Unha homenaxe que coincide co 86º aniversario do seu fusilamento, o 17 de abril de 1937.
As actividades comezaron o venres 14 de abril no Centro Social do Mar coa proxección do documental Acorda, "unha mensaxe de paz, memoria e rebeldía para as novas xeración", segundo indica a súa sinopse. Ademais, ao rematar, levouse a cabo un coloquio co público asistente.
O domingo 16 de abril ás 12:00 horas celebrouse unha ofrenda floral xunto ao monumento de Carballeira na entrada da praia Banda do Río que contou con intervencións como a do alcalde de Bueu, Félix Juncal. Os actos remataron coa interpretación musical da violinista Lía Vilas.
Desde o Concello de Bueu lembran a Carballeira como un "defensor inesgotábel das causas xustas", e tamén das persoas con menos recursos.
Relacionadas:
-
Entrega dos premios Johan Carballeira a Manuel López e Héctor Pena
Por Redacción |
-
Héctor Pena gaña o XX Premio Johan Carballeira de Xornalismo
Por Redacción |
-
A vila de Bueu vivirá outra edición do festival artístico solidario 'Art for Change'
Por Redacción |
-
Bueu volverá render homenaxe ao alcalde, poeta e xornalista Johan Carballeira
Por Rosalía Rico Otero |