Sanxenxo, expectante ante o secretismo que rodea á visita do rei emérito
Por Alejandro Espiño
A diferenza da visita anterior, hai preto dun ano, o regreso do rei emérito Juan Carlos I a Sanxenxo está envolvido nun maior segredo e ninguén dentro do seu círculo máis íntimo quere confirmar ningún detalle sobre a súa estancia.
"No tengo ninguna noticia oficial de que llegue mañana", asegurou este martes o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, a persoa á que o propio monarca autorizou para comunicar o seu regreso a España en maio de 2021.
Nesta ocasión, a pesar da insistencia dos xornalistas, Martín insistiu en que só teñen constancia da chegada de Juan Carlos I "por los medios" e afirmou que, se se confirma, "lo recibiremos como un ciudadano más".
O rexedor reiterou que carece de "información" sobre a viaxe do rei emérito porque "nadie me ha dicho nada, ni mi amigo Pedro Campos",, en cuxa residencia particular se hospedou Juan Carlos I durante toda a súa anterior estancia en Sanxenxo.
"El año pasado el rey llevaba más de dos años sin venir a España y fue noticia a nivel mundial. Este año, si tenemos la suerte de que venga, viene a disfrutar de las regatas en la ría de Pontevedra, que es la mejor ría del mundo para hacer el deporte que más le gusta", engadiu.
Telmo Martín garantiu ademais que o Concello de Sanxenxo non está a realizar ningún tipo de preparativo para a chegada do monarca nin tampouco se reforzou a seguridade de maneira especial, máis aló da que require a propia competición de vela á que acudiría.
En todo, o alcalde de Sanxenxo recoñeceu que este tipo de visitas "nos vienen muy bien" para conseguir desestacionalizar o turismo no municipio, un sector que reporta o 70% de toda a súa economía, promocionando os deportes náuticos, a paisaxe e a gastronomía.
Relacionadas:
-
Rajoy, sobre o emérito: "Non hai ningunha razón para que sempre que veña alguén se empeñe en montar o espectáculo"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Juan Carlos I sae a navegar no Bribón 500 para a súa toma de contacto coas Rías Baixas
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
O rei emérito Juan Carlos I xa está de novo en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Juan Carlos I aterra de novo en España e pon rumbo a Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |
-
Acto de protesta en Sanxenxo contra a visita de Juan Carlos I: "Galiza non ten rei"
Por Oskar Viéitez |
-
A visita de Juan Carlos I a Sanxenxo será "como un cidadán máis", coa vila "encantada" de recibilo
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Rueda asegura que Galicia recibirá "cos brazos abertos" a Juan Carlos I
Por Redacción |
-
Juan Carlos I prepara o regreso a Sanxenxo para a vindeira semana
Por Redacción |