Acto de protesta en Sanxenxo contra a visita de Juan Carlos I: "Galiza non ten rei"
Por Oskar Viéitez
Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, denunciou públicamente este luns a visita de Juan Carlos I a Sanxenxo.
Nun acto de protesta celebrado no porto deportivo de Sanxenxo, a secretaria xeral de Galiza Nova, Marta Gómez, declarou que "rexeitamos a visita de Juan Carlos I, o rei fuxido, ao noso país".
Nunha comparecencia manifestaron o seu "profundo rexeitamento a que esta visita quede impune e pase coa complicidade do goberno do Estado, de PSOE e Unidas Podemos e tamén co beneplácito do Partido Popular".
Gómez engadiu que todos os sucesos que rodean a figura do rei emérito "non fan máis que demostrar que a monarquía española é unha institución corrupta que atenta directamente contra os valores democráticos do noso pobo".
A nacionalista referiuse na súa intervención ao "réxime anacrónico e perpetuador da dependencia da nosa nación do Estado español, que representa a monarquía".
A secretaria xeral de Galiza Nova rematou sinalando que "Galiza non ten rei".
"Rexeitamos a monarquía por ser un réxime inxusto, que fai prevalecer os privilexios por nacemento dunha familia e que perpetúa a idea centralista e imperialista do Estado español" expresou Marta Gónez, que asegura que Galiza Nova ten claro que "a única vía para acadar os nosos dereitos e poder desenvolver plenamente os nosos dereitos de vida é traballar pola conquista dunha república galega".
Relacionadas:
-
'Galiza non ten Rei", pero si sancións económicas para Galiza Nova
Por Anxo Lourido |
-
Juan Carlos I sae a navegar no Bribón 500 para a súa toma de contacto coas Rías Baixas
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
O rei emérito Juan Carlos I xa está de novo en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Juan Carlos I aterra de novo en España e pon rumbo a Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |
-
Sanxenxo, expectante ante o secretismo que rodea á visita do rei emérito
Por Alejandro Espiño |
-
A visita de Juan Carlos I a Sanxenxo será "como un cidadán máis", coa vila "encantada" de recibilo
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Rueda asegura que Galicia recibirá "cos brazos abertos" a Juan Carlos I
Por Redacción |
-
Juan Carlos I prepara o regreso a Sanxenxo para a vindeira semana
Por Redacción |