Destinan cen mil euros en axudas a entidades deportivas e deportistas individuais de Sanxenxo
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo publicou nestes días as bases para a concesión de 100.000 euros de axudas a entidades deportivas municipais e deportistas individuais na tempada 2021/2022.
O concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, e a edil de Facenda, Paula Martínez, mantiveron un encontro con representantes dos clubs para explicarlles os requisitos das subvencións que se concederán por concorrencia competitiva.
As axudas están dirixidas a asociacións e entidades deportivas relacionadas con gastos federativos, vestimenta, transporte manutención e aloxamento, gastos relacionados co material deportivo non inventariable, salarios e cotas da seguridade social e produtos básicos de farmacia.
Tamén serán beneficiarios os deportistas individuais para gastos de manutención e aloxamento, de desprazamento e de inscrición nas competicións.
O Concello xa reservou unha partida de 100.000 euros, dos cales, 10.000 euros repartiranse entre deportistas individuais e 90.000 entre asociacións deportivas. Con carácter xeral as axudas a clubs serán dun máximo de 15.000 euros e un mínimo de 500.
En caso de deportistas individuais o importe máximo por desprazamento será de 2.000 euros.
Estas subvencións son compatibles con outras axudas sempre que o importe non supere o importe do 100% do custo da actividade.
Entre os criterios de valoración atópanse o número de licenzas federativas masculinas menores de 16 anos e o de licenzas federativas femininas, o ámbito de competición do equipo de referencia e dos equipos de base, as licenzas de deporte adaptado e os adestradores titulados con licenza federativa.
O prazo para solicitar esta subvención conclúe o 18 de maio.
Relacionadas:
-
17 entidades deportivas e un deportista individual optan ás axudas do Concello de Sanxenxo
Por Redacción |
-
800.000 euros, cifra das axudas que o Concello destinará este ano ao deporte local
Por Redacción |
-
A Xunta entrega material deportivo valorado en 160.000 euros a máis de 30 entidades deportivas de Pontevedra
Por Redacción |
-
O tecido asociativo de Cerdedo-Cotobade recibirá axudas por máis de 100.000 euros
Por Redacción |