CCOO reclama maior seguridade no traballo nun acto no monumento ás vítimas do Villa de Pitanxo
Por Redacción
Coincidindo co Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo, o sindicato Comisións Obreiras protagonizou este venres 28 de abril un acto en Marín.
Xunto ao monumento de homenaxe ás vítimas do Villa de Pitanxo, o sindicato lembrou que o pasado ano producíronse 67 accidentes mortais no ámbito do traballo en Galicia, 38 deles na provincia de Pontevedra entre os que se inclúen os 21 mariñeiros do pesqueiro trágicamente afundido en Terranova.
"As consecuencias dos accidentes e as enfermidades relacionadas co traballo supoñen un grave problema social que leva ligados enormes custos humanos e económicos. Pero é un problema ao que as administracións, que poderían actuar para evitalo, non lle prestan a atención necesaria. É un problema invisible", asegura CCOO.
Ademais da lectura do manifesto, o acto depositouse un ramo de flores en memoria dos mariñeiros falecidos no Villa de Pitanxo.