O PSOE presenta na Alameda de Marín a candidatura de Manuel Pazos á alcaldía
Por Redacción
O Partido Socialista celebrou este venres a presentación da súa candidatura á alcaldía de Marín nun acto celebrado na alameda.
Un acto ao que asistiron o deputado no Congreso Guillermo Meijón, a Presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva e o candidato Manuel Pazos, acompañado do resto de integrantes da súa lista.
O acto comezou cunha emotiva homenaxe ao concelleiro socialista Benito González, falecido hai escasos meses nun terrible incendio, e ao que os socialistas quixeron agradecer toda a súa dedicación e compromiso ao longo de tantos anos.
Tras as intervencións de Meijón e Silva, tomou a palabra o candidato Manuel Pazos para presentar un a un aos 31 membros da súa candidatura.
Unha candidatura que Manuel Pazos describiu como aberta, plural, renovada, próxima e honesta, integrada por mulleres e homes dispostos a dar a batalla para que Marín consiga deixar atrás estes doce anos de parálise urbanística, de declive comercial, de perda de poboación e de falta de oportunidades.
E ante ese panorama actual explicou cales foron as distintas medidas e iniciativas que o Partido Socialista impulsau nestes catro anos para reverter esta situación, para falar de cales serían as súas prioridades e proxectos de futuro e mostrándose convencido de que unha nova maioría está a abrirse paso.
Relacionadas:
-
28M | O PSOE de Marín pide aos votantes que "aposten por un cambio tan necesario como improrrogable"
Por Redacción |
-
María Ramallo perfila a súa axenda de campaña e o programa electoral do PP de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE de Marín asegura que o Concello ten a débeda máis grande da súa historia
Por Oskar Viéitez |
-
Un incendio nunha fábrica emblemática que tardou 21 días en sufocarse e levou a vida dun traballador
Por Alejandro Espiño |