As palilleiras de Vilaboa completan a oferta artesanal da X Festa do Viño
Por Redacción
As palilleiras de Figueirido estarán esta fin de semana na carpa que se instalará en Riomaior para acoller a X Festa do Viño.
Estas artesás farán tamén unha exposición dos seus traballos nun posto na carpa que complementará a presenza en Riomaior dos artesáns locais.
As casetas adquiridas polo Concello a finais do 2021 con motivo do primeiro Mercadiño de Nadal volverán acoller a Laura Filgueira con ERRE3; Carmen Castro con Cachiboreta e Alcrique cos seus produtos feitos a man.
O goberno local complementa así o programa da X Festa do Viño de Vilaboa que terá lugar os días 6 e 7 de maio debaixo do viaduto de Riomaior. Nesa chaira instalarase a carpa que acollerá os 10 postos de adegas da Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo e de colleiteiros locais que aproveitarán o evento para dar a coñecer a singularidade dos seus brancos.
Elisa Ruibal García "Casa da Boullosa"; Manuel Conde Conde; Manuel Collazo Fernández; Jesús Amoedo Leiro "Casa da Torre"; Manuel Rúa "Casa Quinteiro"; Martín Torres González "Casa Cañoteira"; Adega Ardán (Marín); Adega Mosteiro de Poio (Poio); "Adega Os Areeiros" e José Blanco Martínez "Quinteiro de Sabela" exporán os seus viños que poderán degustarse nunha copa editada polo Concello para esta ocasión e serigrafiada co logotipo da Festa e que poderá adquirirse ao prezo de 3 euros, retornables en caso de devolvela en perfectas condicións.
Postos de comida, e tamén de doces, acompañarán aos viños locais nunha programación que arrancará o sábado de 12 a 24 horas e o domingo de 12 a 17 horas e na que a promoción dos caldos estará arroupada por actividades culturais e unha potente proposta musical, co concerto de Milladoiro ás 22 horas do sábado e a actuación do o grupo de gaitas "Aires de Cobres" ás 12.30 horas do domingo.
Relacionadas:
-
Máis dun millar de botellas vendidas nunha exitosa Festa do Viño de Vilaboa
Por Redacción |
-
O Encontro de Palilleiras regresa o 21 de maio ao Recinto Feiral
Por Manu Otero & Juan Manuel García Tajes |
-
A adega Ardán faise co ouro e o bronce na cata da IXP Ribeiras do Morrazo da Festa do Viño de Vilaboa
Por Redacción |
-
Vilaboa volverá ser capital do viño en maio coa participación de dez adegas e colleiteiros
Por Redacción |
-
A Festa do Mar de Vilaboa chegou para quedar: supera todas as expectativas na segunda edición e esgota existencias
Por Redacción |