A Festa do Mar de Vilaboa chegou para quedar: supera todas as expectativas na segunda edición e esgota existencias
Por Redacción
A Festa do Mar de Vilaboa resultou un éxito de participación na súa segunda edición, celebrada durante a pasada fin de semana. Así, as máis de 2.000 racións vendidas esgotaron existencias e a organización colgou o cartel de "completo" nas actuacións programadas.
O alcalde, César Poza, e a concelleira de Dinamización, Carmen Gallego, agradecen a participación e bo traballo dos restaurantes participantes, A Garboa, Casa Aurelia e A casa de Rosa da Mazaroca, que "fixeron todo o que estivo na súa man para enxalzar os produtos do mar locais".
"Podemos dicir que a festa foi un éxito froito dun traballo en equipo e da implicación de toda a cidadanía de Vilaboa, que respondeu sen fisuras a unha convocatoria que buscaba poñer os nosos produtos do mar no mapa gastronómico local en canto a eventos. E o respaldo foi fantástico", sinalou César Poza, que engade que "como alcalde, síntome moi satisfeito desa resposta" e que se facturaron 8.000 euros.
Os restaurantes elaboraron o dobre de racións que na pasada edición e, segundo o Concello, "aínda así quedáronse curtos", esgotando existencias. "Podían terse vendido ata o triplo, xa que se esgotou todo", sinala a organización, que pide desculpas ás persoas que non puideron degustar os prazos ofrecidos por terse esgotado as existencias.
O alcalde sinala que a afluencia de xente "desbordou totalmente as nosas expectativas" e garante continuidade. "O que quedou claro é que a Festa do Mar chegou para quedarse", sinala.
Os produtos máis demandados nesta edición da Festa foron as empanadas de mexillón e de choco e as ameixas á mariñeira, resultando tamén éxitosas as vendas de doces da panadería Os Laranxos, non contabilizadas na facturación do evento, ao igual que ocorre co viño que venderon os adegueiros participantes.
O Concello de Vilaboa agradece tamén a presenza de todos os expositores, tanto das adegas da IXP Ribeiras do Morrazo como dos artesáns locais (Cachiboreta, ERR3, Artesáns de Vilaboa, Víctor Tajes e Cristina Fernández Rosendo coa editorial Tórculo) que trasladaron á organización a súa satisfacción pola experiencia vivida e polas ventas.
O Concello aproveitou tamén o contexto da festa para facer promoción, desde un stand institucional e punto de información violeta, dos activos turísticos de Vilaboa en materia ambiental representados fundamentalmente polo parque de Castiñeiras, as Salinas do Ulló e de Larache, os roteiros dos muíños e as mámoas e o patrimonio histórico e industrial como a paneira da Reitoral, o hórreo de Vilaboa ou o Forno do Cal.
A festa colgou tamén o cartel de "completo" nas actuacións musicais de Caamaño e Ameixeiras e Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, na tarde do sábado e co concerto da Banda da Escola de Música de Vilaboa, acompañada de Merchy Treviño e Dani Lamas na mañá do domingo.
Ademais, destacan a colaboración do persoal municipal e da veciñanza e o "excelente" comportamento das persoas asistentes, que "facilitou que non se rexistrase nin un só incidente a pesar dos moitos vehículos que se concentraron no peirao de San Adrián".
Relacionadas:
-
A presenza da ameixa cornicha, unha das grandes novidades da Festa do Mar de Vilaboa
Por Redacción |
-
Máis dun millar de botellas vendidas nunha exitosa Festa do Viño de Vilaboa
Por Redacción |
-
Máis dun millar de botellas vendidas nunha exitosa Festa do Viño de Vilaboa
Por Redacción |
-
As palilleiras de Vilaboa completan a oferta artesanal da X Festa do Viño
Por Redacción |
-
Vilaboa volverá ser capital do viño en maio coa participación de dez adegas e colleiteiros
Por Redacción |
-
Innovación e sabor van da man nas degustacións da Festa do Mar de Vilaboa
Por Redacción |
-
San Adrián prepárase para celebrar a Festa do Mar con tapas a prezos populares
Por Redacción |
-
Tres restaurantes locais prepararán mexillón, ameixa e choco á prezos populares na 'Festa do Mar de Vilaboa'
Por Redacción |
-
Vilaboa adianta a Festa do Mar a abril e a Festa do Viño a maio
Por Redacción |