Tres restaurantes locais prepararán mexillón, ameixa e choco á prezos populares na 'Festa do Mar de Vilaboa'
Por Redacción
O Concello ultima xa o programa da 'Festa do Mar de Vilaboa' que recurrirá ao adro de San Adrián de Cobres para amosar a fortaleza do sector local a través dun evento gastronómico que este ano terá lugar os días 22 e 23 de abril "para garantir a máxima calidade do mexillón, da ameixa e do choco".
Serán tres os restaurantes locais encargados das degustacións, elaboradas a partir do produto suministrado para este evento pola Confraría de Vilaboa.
'A Garboa', 'Casa Aurelia' e 'A Casa de Rosa de Mazaroca' poranse aos fogóns para preparar as tapas de mexillón a 3,5 euros; os chocos a 5 euros e a 6 euros estará a ameixa.
Todos eles preparados en distintas elaboracións: en empanada, en escabeche, guisados ou á mariñeira. Este ano, como novidade, haberá caseta de doces e para completar o menú e estará a cargo de panadería pastelería Os Laranxos, e un posto con bebida e café de pota.
E xunto aos produtos do mar compartirán protagonismo e promoción os viños da Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo das adegas Os Arrieiros, Ardán e Mosteiro de Poio.
A comisión organizadora, na que ademáis do Concello están as mariscadoras, mariñeiros e bateeiras, será a que realice a cata das elaboracións dos restaurantes participantes, con premios para a innovación, o sabor e a presentación.
A tarde do sábado 22 comezará con propostas para todas as idades e o convite do Concello a descubrir aos artistas locais que participarán na mostra ata que ás 21 horas arranque o programa musical, que nesta primeira xornada correrá a cargo de Caamaño &Ameixeiras ás 21 horas e a actuación musical de Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre ás 22 horas.
A xornada do domingo comezará coa actuación da banda da Escola de Música de Vilaboa que estará acompañada no seu concerto polas voces de Merchy Treviño e Dani Lamas. Ao remate da actuación, sobre as 13.30 horas, terá lugar a entrega dos recoñecementos da cata aos restaurantes premiados; dando paso a unha nova xornada de degustación dos produtos do mar de Vilaboa.
Dende o Concello de Vilaboa convidan á veciñanza da contorna a achegarse o próximo fin de semana a San Adrián e gozar desta festa.
Relacionadas:
-
A Festa do Mar de Vilaboa chegou para quedar: supera todas as expectativas na segunda edición e esgota existencias
Por Redacción |
-
Innovación e sabor van da man nas degustacións da Festa do Mar de Vilaboa
Por Redacción |
-
San Adrián prepárase para celebrar a Festa do Mar con tapas a prezos populares
Por Redacción |
-
Vilaboa adianta a Festa do Mar a abril e a Festa do Viño a maio
Por Redacción |