Baixada do paro nas comarcas de Pontevedra e Arousa durante o mes de abril
Por Redacción
Na comarca de Pontevedra o desemprego durante o mes de abril baixou en 273 persoas mentres que en Arousa o descenso é de 181.
Na provincia o descenso foi de 913 desempregados, un 1,66% menos, que o mes anterior.
No municipio de Pontevedra figuran 4.973 parados, 56 menos que o mes anterior, segundo os datos polo Ministro de Traballo e Economía Social. Mientras que en Vilagarcía de Arousa las listas del paro cuentan con 2.594 desempleados, 58 menos.
O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego de Galicia baixou en 2.504 persoas durante o mes de abril, un descenso do 1,77% respecto a marzo.
Dos 6.000 contratos indefinidos asinados no último mes, o 50% son fixos discontinuos. Segundo a CIG, estes contratos amosan a precariedade do emprego porque, segundo denuncian, en moitos casos son contratos dun día para outro, segundo indica Marcos Conde, secretario comarcal da CIG. A ese dato súmase un 10% como contratos a tempo parcial.
En todo o Estado, tamén se rexistrou un descenso de número de desempregados nas oficinas dos servizos públicos. 73.890 persoas atoparon traballo durante o mes de abril.
Relacionadas:
-
Pontevedra encadeou en xullo o sexto mes consecutivo de caída no desemprego, con 741 parados menos na provincia
Por Redacción |
-
Un xulgado de Pontevedra recoñece o dereito de conciliación do persoal de Mercadona ao remate da garda legal para o coidado de crianzas
Por Redacción |
-
Poio pecha o primeiro trimestre con 882 parados e comeza abril con novos cursos de formación
Por Redacción |
-
O paro reduciuse en marzo na gran maioría dos municipios
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |