Jorge Cubela presenta unha lista que combina "a estabilidade do goberno coa ilusión das novas incorporacións"
Por Redacción
O candidato do Partido Popular á reelección como alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, presentou a lista electoral para os comicios locais do 28-M composta por 23 persoas das que o 33% son novas incorporacións.
Segundo manifestou Jorge Cubela, "esta lista está formada por persoas de sobrada experiencia de goberno e caracterízase pola estabilidade e a combinación harmónica entre aqules compoñentes do meu goberno con perfiles marcados por persoas emprendedoras, empresarios locais, autónomos e xente moza que colle a responsabilidade de aportar ideas frescas, dinamismo e compromiso coa súa terra".
A lista conta cos nove concelleiros que forman parte do actual equipo de goberno: Jorge Cubela, Lourdes Ovelleiro, Fernando Vázquez, José Pichel, Belén Casado, Bruno Portela, Javier Lois, Agustín Troitiño e Galiza Aguete.
Nesta ocasión, a lista electoral renóvase nun tercio con respecto aos comicios pasados e destaca a nova incorporación de Maite Pichel, José Manuel Ovelleiro, Lino Morales e Sheyla Bello e Sergio Barros.
Completan a lista Macarena Garrido, Margarita Lamas, José Manuel Martínez, María del Carmen López, e como suplentes José Balseiros, Raquel Touriño, Manuel Magdaleno, Jorge Diz e Ana Belén Caramés.
Relacionadas:
-
A candidata do PSOE, Ana Couto, promete unha consulta veciñal sobre a fusión de Cerdedo e Cotobade
Por Redacción |
-
Filgueira afirma que a candidatura do BNG en Cerdedo-Cotobade ofrece "traballo, diálogo e xestión"
Por Redacción |
-
Ana Couto será a candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |