A candidata do PSOE, Ana Couto, promete unha consulta veciñal sobre a fusión de Cerdedo e Cotobade
Por Redacción
No Centro cultural Antonio Fraguas de Carballedo, os socialistas de Cerdedo-Cotobade presentaron este sábado a candidatura coa que concorren ós próximos comicios municipais.
A candidata a Alcaldía, Ana Couto, deu a coñecer o equipo co que quere gobernar o concello e parte do seu programa.
Ana Couto sinalou que o concello ten que conseguir asentar poboación para non baixar da barreira dos cinco mil habitantes. Para iso considera "indispensable" a aprobación dun Plan de Ordenación Xeral "que permita crear solo industrial e que os núcleos de poboación medren".
"Pero, sobretodo, hai que apostar polos servizos públicos de calidade, por axudar a conciliar a vida laboral e familiar, levar o saneamento a todas as parroquias, mellorar o transporte público dentro do municipio e cos municipios limitrofes", dixo a candidata socialista.
Ademais, Couto, comprometeuse a realizar unha consulta popular na que a veciñanza valore os resultados da fusión e decida sobre a súa continuidade.
Este ano, o PSOE aposta por unha renovación nos primeiros postos da súa lista. Comezando pola candidata á alcaldía, a actual voceira Ana Couto, o número dous é Manuel Alonso, a número tres Lorena Durán e o número catro Ismael Ferrón.
Completan a lista: Regina Sobral, Jose Antonio Pazos, Geli Torres, Jesús Moldes, José Luis Quintáns, Tamara Castro, Gerardo Rey, Francisco Corzo e Lina Garrido.
Relacionadas:
-
Jorge Cubela presenta unha lista que combina "a estabilidade do goberno coa ilusión das novas incorporacións"
Por Redacción |
-
Filgueira afirma que a candidatura do BNG en Cerdedo-Cotobade ofrece "traballo, diálogo e xestión"
Por Redacción |
-
Ana Couto será a candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |