A Garda Civil de Pontevedra detén unha moza por estafar 10.000 euros cunha tarxeta roubada a un ancián
Por Oskar Viéitez
A Garda Civil de Pontevedra detivo a unha veciña de Arcade, de 20 anos de idade, como responsable dunha estafa que supera os 10.000 euros, facendo uso dunha tarxeta bancaria previamente subtraída.
Segundo informaron fontes oficiais da Comandancia de Pontevedra, as investigacións iniciáronse no mes de xullo do pasado ano, unha vez posta en marcha a Operación denominada "Xerocultora", tras unha denuncia formalizada pola representante legal da familia do prexudicado.
O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra iniciou as súas pescudas en xullo do ano pasado cando se detectan numerosas compras fraudulentas de produtos ou de servizos, facendo os abono por transferencias electrónicas a través dun coñecido servizo de pago, utilizando habitualmente en transferencias en liña.
A entrega de paquetería prodúcese a través de distintas plataformas, en diversos puntos habilitados para ese efecto, así como en diferentes domicilios particulares.
Para levar a cabo a actividade delituosa, a autora, valéndose da súa ocupación laboral como xerocultora ao coidado de anciáns, apoderouse da tarxeta bancaria da vítima.
Esta investigación, entraña unha enorme dificultade debido ás múltiples compras realizadas durante dez meses, utilizando diferentes plataformas, así como tarxetas vinculadas, diferentes puntos de entrega e empregando distintas identidades, así como a imposibilidade de solicitar testemuño da vítima, dado que cando se detecta esta práctica fraudulenta, o prexudicado xa falecera, e a súa familia descoñece por completo calquera dato que puidese ser de interese a efectos de investigación.
Atribúeselle un delito de estafa agravado, xa que se valeu da súa profesión de coidadora do ancián prexudicado, para facerse coa súa tarxeta bancaria.
As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Garda dos de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Axentes de Marín axudan a recuperar 24.000 euros dunha ciberestafa
Por Redacción |
-
Atropelo múltiple en Vilanova de Arousa ao irromper un coche na carpa de festas
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
O Sindicato Unificado de Policía mobilízase para reclamar "unha Comisaría do século XXI"
Por Oskar Viéitez |
-
Escolares de Ponte Caldelas asistirán a unha exhibición de medios da Garda Civil
Por Redacción |