O alcalde visita o lugar da Peralba onde o Concello investiu arredor de 900.000 euros
Por Redacción
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores mantivo este luns un encontro cos veciños da Peralba, na parroquia de Marcón, onde o Concello de Pontevedra acondicionou neste mandato o acceso ao núcleo así como a mellora de todo o entramado urbano do lugar.
O alcalde acompañado do concelleiro coordinador do rural e responsable da parroquia, Alberto Oubiña pararon antes do encontro veciñal na ponte sobre o río Reigosa para ver o seu resultado.
O lugar da Peralba vén de estrear o acondicionamento dunha vía de preto de 2 quilómetros que dá acceso ao núcleo, e que pasa por riba do río Reigosa, cuxo cauce foi preciso desviar para poder executar nunha nova canalización. Este investimento foi de 564.000 euros.
Pavimentouse toda a vía que ten recollida de augas pluviais, calmado de tráfico e bandas de protección de dobre onda.
Ademais, no lugar fíxose un investimento de 130.000 euros en saneamento, pavimentouse todo o núcleo con recollida de augas pluviais por valor de 163.993,45 euros, e instalouse alumeado LED en todo o núcleo para mellorar a eficiencia enerxética e a visibilidade na zona, cun investimento de arredor de 30.512 euros.
Os investimentos na Peralba forn de 889.000 euros nos últimos 2 anos.