Adxudican o novo campo de fútbol de Salcedo por 1,95 millóns de euros
Por Redacción
A portavoz do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías, confirmou este xoves a celebración de dúas mesas de contratación para lanzar a proposta de adxudicación do novo campo de fútbol de Salcedo.
"Fixémolo así porque tal e como dixemos no seu día este era un proxecto prioritario para o Concello de Pontevedra", asegurou a concelleira.
A proposta gañadora é a de Prace - Servicios y Obras. A oferta gañadora para a realización do proxecto foi de 1.959.886 euros, que será o orzamento final da obra.
"Debo reivindicar a axilidade do Concello, que foi quen de sacar adiante este proxecto nun tempo récord após os problemas xurdidos durante a primeira licitación. Fomos quen de modificar o proxecto, chegar a un acordo coa Deputación para un novo convenio e rematamos os prazos para o proceso de contratación. Hoxe podemos anunciar que Prace será a empresa adxudicataria que fará o campo de fútbol de Salcedo", defendeu Gulías.
Relacionadas:
-
As obras de construción do novo campo de fútbol de Salcedo, ao fin en marcha
Por Redacción |
-
Sae a licitación pública o campo de fútbol de Salcedo por case dous millóns de euros
Por Anxo Lourido |
-
Salcedo volve manifestarse para reclamar a construción do campo de fútbol
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Concello inicia o expediente de licitación do campo de fútbol de Salcedo: "É unha cuestión prioritaria"
Por Redacción |