O Concello inicia o expediente de licitación do campo de fútbol de Salcedo: "É unha cuestión prioritaria"
Por Redacción
O Concello de Pontevedra xa aprobou a resolución de inicio para o expediente de contratación do campo de fútbol de Salcedo.
É moita a polémica a que xira en torno á obra de creación dun campo de herba artificial, que se está retrasando desde o ano 2020, cando os terreos foron postos a disposición do Concello.
Nestes tres anos, a SCD Salcedo, convocou dúas protestas reclamando estas instalacións e denunciou "a deixadez do goberno local" e o seu "hartazgo de ser ninguneados polo Concello, Deputación e o resto de administracións públicas".
A primeira manifestación realizouse en setembro de 2022 e a segunda está programada para este mesmo venres a partir das 19:30 horas polas rúas de Pontevedra e con inicio na praza do Hospital Provincial.
Sen embargo, parece que o club contará "canto antes" con esta nova instalación deportiva que "avanza un chanzo máis e amosa o compromiso firme do Concello de levalo a cabo", indicou a portavoz do Goberno, Anabel Gulías. "É máis que sabido que a construción deste complexo deportivo é unha cuestión prioritaria para este Concello", afirmou.
Tamén engaden desde o goberno local que o primeiro intento de construción viuse truncado pola quebra da empresa adxudicataria Galitec Desarrollos Tecnológicos S.L.
Unha vez anulado e resolto o contrato, que fora adxudicado en novembro do ano 2021, o Concello promove agora un novo contrato de 1.978.084 euros, 356.000 máis que no anterior.
Relacionadas:
-
As obras de construción do novo campo de fútbol de Salcedo, ao fin en marcha
Por Redacción |
-
Adxudican o novo campo de fútbol de Salcedo por 1,95 millóns de euros
Por Redacción |
-
Salcedo volve manifestarse para reclamar a construción do campo de fútbol
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A SCD Salcedo convoca unha nova protesta para este venres reclamando a construción do campo de fútbol
Por Redacción |
-
O custo do campo de fútbol de Salcedo dispararase ata os 2 millóns
Por Alejandro Espiño |
-
Salcedo volve á rúa ante o novo atraso das obras do campo de fútbol
Por Redacción |
-
O PP considera unha "tomadura de pelo" o novo atraso no campo de fútbol de Salcedo
Por Oskar Viéitez |
-
Volverán licitar as obras do campo de fútbol de Salcedo ao crebar unha das adxudicatarias
Por Oskar Viéitez |
-
O Salcedo sae á rúa farto de ser "o club máis antigo sen un campo de herba"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
O campo de fútbol de Salcedo, unha obra que non ve a luz: "É imposible que se poida utilizar na tempada 2022-23"
Por Redacción |