Ponte Caldelas renova o seu idilio coa troita
Por Redacción
Un ano máis, Ponte Caldelas volve renovar o seu idilio coa troita durante a fin de semana dunha das súas festas máis famosas. Este sábado, a imaxe deixouna Manuel Lois, veciño de Mirón, que logrou cun espectacular exemplar de 43 centímetros de longo e 806 gramos.
Durante o concurso internacional de pesca da Festa da Troita 2023, este pescador capturouna entre o Regato de Coveliño e o encoro, no Río Verdugo.
Este sábado, desde primeira hora da mañá comezou o Concurso de Pesca Senior e Veterano e a xornada tivo un marcado protagonismo musical e tamén trouxo a apertura dos postos de degustación.
Pola tarde, actuaron grupos de baile locais da Escola de Bailes Tradicionais Trouleada de Ponte Caldelas, de Os Coribantes de Buchabade e de Ponte Caldelas Baila.
O programa tamén inclúe a partir das 20.00 horas o II Festival Troita Folk, coa actuación de Grupo de Danzas la Victoria (Valladolid), Grupo folclórico de Belas (Sintra-Portugal) e Grupo Folclórico Coribantes (Ponte Caldelas)
Á mesma hora tamén se programou o certame de corais na Igrexa do Sagrado Corazón coa participación da Coral Bella Helenes Mercantil de Pontevedra, a Coral Polifónica de Carral e a Coral Polifónica Valdarrosa de Ponte Caldelas
Pola noite, será o momento da verbena do grupo Bomba de Canarias e Discomovil SuperFabrik.
Para este domingo está previsto que continúe o concurso de pesca nas súas categorías feminina, xuvenil e infantil.
Ao mediodía abrirá o posto de degustación de troitas na Alameda e, despois da entrega de Trofeos do Concurso de Pesca, haberá un concerto da Banda de Música.
Os postos de degustación volverán abrir pola tarde na Alameda ás 19.00 horas e á mesma hora celebrarase o II Troita FolkCantos de Taberna coa participación de Aires da Castrelada de Ponte Caldelas, Canta Nas Croas de Salcedo (Pontevedra) e Coribantes Folk.
Relacionadas:
-
Pesca unha troita de máis de 2 quilos no río Verdugo
Por Redacción |
-
Pecha un mes de homenaxe á troita en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Estudantes do Cordo Boullosa liberan cen exemplares de troita no Verdugo
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas pecha o mes da troita con tres toneladas consumidas
Por Redacción |
-
Centos de persoas volven deixarse conquistar pola troita
Por Redacción |
-
Esta fin de semana, o menú volve saber a troita en Ponte Caldelas
Por Redacción |