28M | Moldes pide contratar un minibús para que poidan votar os veciños de Combarro
Por Redacción
O colexio electoral no que votaban os veciños de Combarro cambiouse para o CEIP Chancelas e, ante a dificultade para chegar andando ata el, o PP vén de solicitar ao Concello que contrate un minibús para facilitar o desprazamento dos votantes.
Ángel Moldes sostén que moitos veciños que residen no conxunto histórico e na súa contorna teñen problemas para poder achegarse ata alí, principalmente no caso de persoas maiores, porque, ademais, non existe ningunha zona segura para chegar a pé ata o centro escolar.
O candidato popular entende que se debe contratar un minibús para facer o domingo unha liña regular desde A Chousa a Chancelas e garantir que todas as persoas que queiran participar non teñan que renunciar ao seu voto por non ter forma de desprazarse ata o colexio electoral.
Moldes recorda que hai anos que xa se habilitou un minibús na parroquia de San Xoán para trasladar aos veciños ao colexio Isidora Riestra.
Por iso, o PP pide que se faga o mesmo para Combarro porque ao cambiar o colexio electoral o Concello de Poio "ten que garantir que os veciños e as veciñas de Combarro poidan participar nas eleccións do domingo".
Relacionadas:
-
28M | Un espazo de innovación culinaria, enoturismo ou un campeonato de kitesurf, no plan de turismo do PP de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
28M | O PP de Poio pregunta ao goberno local polos aparcamentos prometidos hai un ano na leira de Coca-Cola
Por Redacción |
-
28M | O PP propón crear unha senda entre A Seca e o Castrove, o Roteiro do Río Mouro
Por Oskar Viéitez |
-
28M | Un milleiro de asistentes apoian a Ángel Moldes na romaría do Castrove coa presenza de Alfonso Rueda
Por Redacción |
-
O PP de Poio presenta o seu proxecto de humanización de San Salvador
Por Oskar Viéitez |
-
O PP de Poio comprométese a dotar de saneamento a Vilariño e ampliar o parque infantil
Por Redacción |