Unha delegación de Brasil e Uruguai visitará Pontevedra para coñecer a experiencia da compostaxe

Por Redacción
Unha delegación de Brasil e Uruguai coñecerá a experiencia da Deputación de Pontevedra co proxecto Revitaliza para o tratamento en proximidade da materia orgánica, compostaxe doméstico e comunitario.
A comitiva, que chega da man do Eixo Atlántico e estará composta por sete representantes, manterá unha reunión técnica e visitará diferentes composteiros comunitarios da provincia da man do persoal técnico da Deputación o vindeiro 13 de xuño.
O grupo incluirá varios representantes do municipio de Santana do Livramento, unha unha cidade situada ao suroeste do estado de Río Grande do Sur (Brasil) totalmente conurbada coa cidade de Rivera (Uruguai), cunha poboación de arredor de 83.000 habitantes, moi semellante á do Concello de Pontevedra.
O Eixo Atlántico, pola súa parte, tamén toma o Revitaliza como referencia dende hai anos de forma continuada.
Relacionadas:
-
O ‘Plan Revitaliza’ vai difundir o seu modelo de xestión de residuos en Madrid, Cáceres e Pamplona
Por Oskar Viéitez |
-
Os técnicos do Plan Revitaliza supervisarán os composteiros individuais nos domicilios en Sanxenxo
Por Redacción |
-
VÍDEO.- A formación en compostaxe en Pontevedra chega con éxito á reserva da biosfera de Illa do Príncipe
Por Oskar Viéitez |
-
O Revitaliza solicita á Xunta que cree unha norma marco que facilite aos concellos cumprir obxectivos de reciclaxe
Por Oskar Viéitez |