O novo parque entre as rúas Irlanda e Luxemburgo terá un miradoiro cara ao Lérez
Por Redacción
O espazo verde que delimitan as rúas Luxemburgo e Irlanda, no barrio de Monte Porreiro, vai a ser convertido nun novo parque. Neste proxecto, o Concello prevé investir uns 300.000 euros.
A actuación contempla unha comunicación accesible entre ambas as dúas rúas e o centro de saúde, a xeración dunha rede de camiños, a instalación dunha zona de elementos deportivos biosaudables e a creación dun espazo multifuncional con zona cuberta e bancadas.
Ademais, construirase unha rampla de acceso cara á rúa Reino Unido e o centro de saúde e crearase un novo miradoiro con bancos cara á zona do río Lérez, tras eliminar o sebe actual.
O proxecto municipal, impulsado polo departamento de Desenvolvemento Sostible, traducirase na construción dunha pérgola cuberta con unha zona de estancia e bancadas.
Haberá tamén unha nova rede de camiños de material terrizo que articule o espazo cara á pérgola e á zona do miradoiro e o centro de saúde.
Nesta mellora paisaxística integral contémplase tamén a dotación dun sistema de rega sostible en noiros e pradarías.