35 quilómetros desde Vigo a Pontevedra para demandar doazóns de médula ósea e de sangue do cordón umbilical
Por Redacción
Máis de 650 persoas camiñaron este domingo entre Vigo e Pontevedra percorrendo 35 quilómetros co obxectivo de chamar a atención da sociedade baixo o lema '700 camisetas contra a leucemia'.
Trátase da 14 edición que organiza a asociación FRANGIL, que preside David Gil, coa intención de de que a poboación comprenda a importancia de doar medula ósea e sangue do cordón umbilical, principalmente entre a poboación que ten entre 18 e 40 anos.
A asociación foi creada no 2017 e leva o nome de Francisco Gil, unha persoa que loitou durante catro anos contra unha leucemia linfoblástica aguda.
Francisco Gil non conseguiu lograr un doante compatible pero durante os seus últimos meses de vida tentou, xunto ao seu irmán David Gil, fomentar e dar a coñecer este tipo de doazón en vida.
O colectivo desenvolve o seu labor ao longo de todo o ano con outras accións para concienciar da importancia de regalar vida a persoas que necesitan recibir un transplante.
Aquelas persoas interesadas en colaborar con esta asociación mediante unha achega económica, poden facer un ingreso na conta ES59 0133 4730 7442 0000 5011. Entidade La Caixa.
Tamén poden facelo a través do Bizum solidario – Asociación FRANGIL 04520
Relacionadas:
-
Pezas únicas para loitar contra a leucemia
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
A vida pendente dun transplante de medula: "O tempo xoga na nosa contra"
Por Natalia Puga |
-
A marcha solidaria '700 camisetas contra a leucemia' di adeus: abre as inscricións para a súa última edición
Por Natalia Puga |
-
Os escolares expoñen os seus carteis para promover a doazón e os transplantes
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Máis de 650 persoas camiñan desde Vigo a Pontevedra para loitar contra a leucemia
Por Redacción |