Fexdega recupera a romaría dos maiores o sábado 1 de xullo
Por Redacción
O sábado 1 de xullo, cunha capacidade establecida para 500 comensais, volverá celebrarse a Romaría dos Maiores no recinto de Fexdega en Vilagarcía de Arousa.
A anterior edición foi en 2019, antes da pandemia. O Concello, a través da área de Persoas Maiores, abriu o prazo ata o 23 de xuño para que aquelas persoas interesadas adquiran a entrada, a un prezo de nove euros, para participar na comida. Os demas actos previstos son abertos e gratuítos con baile e festa. Pódense recoller na zona de Alcaldía no Concello de Vilagarcía de Arousa.
O menú contará con empanadas variadas, lagostinos cocidos, "carne ao caldeiro" con patacas, viños, augas, gasosas, sobremesas, café e licores.
Este evento de confraternización diríxese a poboación maior de 65 anos ou pensionistas de 55 en diante. Comezará ás 12.00 horas e actuará a Coral Rosalía de Castro e tamén grupos da Asociación Cultural Coro Virxe da Renda.