A Cea Baile Tómbola da Asociación Contra o Cancro celebra 26 anos de tradición en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
A Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra volve celebrar a súa Cena Baile Tómbola que chega á súa XXVI edición como un dos eventos con máis tradición na cidade e máis consolidado na entidade.
O evento desenvolverase, como xa é habitual, nas instalacións do parque do Liceo Casino (A Caeira), o próximo día 21 de xullo desde as 21.00 horas. O custo da entrada é de 40 euros. Aquelas persoas que queiran asistir tan só deben reservar/comprar a súa entrada na sede da Asociación na rúa Eduardo Pondal 64A, en horario de 8 a 14.30 horas, ou chamar ao número gratuíto e 24 horas, 900 100 036.
Desde a Asociación apuntan que haberá moitas sorpresas: unha tómbola na que se sortearán agasallos doados por empresas e colaboradores de Pontevedra e arredores, amenización musical "e moita solidariedade".
Todo o recadado neste evento destinarase a seguir financiando todos os programas e servizos que a Asociación ofrece, de maneira gratuíta e universal, aos pacientes de cancro e a súa contorna e entre os que se atopan, a atención psicolóxica durante todo o proceso, atención social, axudas económicas, préstamo de material ortoprotésico (camas, andadores, perrucas, cadeiras de rodas, etc), fisioterapia, campañas de prevención, acompañamento en hospitais e domicilios, ademais de seguir impulsando a investigación en cancro para poder alcanzar un 70% de supervivencia no ano 2030.
No pasado 2022, a Asociación Española Contra o Cancro levou a cabo un total de 14.097 intervencións en 60 localidades da provincia de Pontevedra.
Concretamente, foron 2.474 intervencións de Atención Social (información e orientación, axudas económicas, préstamo de material ortoprotésico, inserción laboral, programa de alimentos, etc), outras 8.326 intervencións da área de Atención Psicolóxica a pacientes e familiares durante todo o proceso da enfermidade e final de vida, ademais de 1.390 actuacións do servizo de Logopedia a pacientes con cancro de cabeza e pescozo e á súa contorna.
Tamén 207 intervencións en Fisioterapia dirixido a con o obxectivo de mellorar a calidade de vida de pacientes tras unha cirurxía (tratamento de cicatrices e retracción de partes brandas, edemas, valoración de musculatura respiratoria, valoración de chan pélvico, etc…) e, por último, 1.700 actuacións do equipo de voluntariado levando a cabo acompañamentos en hospitais, domicilios e vía telefónica.
Relacionadas:
-
A intelixencia artificial, unha aliada en Pontevedra para mellorar os cribados de cancro de colon
Por Redacción |
-
Reclaman desde Pontevedra que se siga prohibindo fumar en espazos públicos
Por Redacción |
-
Consolidada a función asistencial da Unidade de Linfedema do Complexo Hospitalario
Por Redacción |
-
Un cribado da hepatite C pioneiro desenvólvese na área sanitaria
Por Redacción |
-
O voluntariado da AECC toma a cidade para conseguir fondos para a investigación contra o cancro
Por Manu Otero & Juan Manuel García Tajes |