Aprobadas once dedicacións exclusivas no inicio deste mandato
Por Anxo Lourido
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, anunciaba que o vindeiro luns 26 ás 12.00 horas celebrarase o pleno de organización, unha cita que xa se aproveitará para tamén realizar o sorteo das mesas electorais para a cita coas urnas o 23 de xullo.
Os plenos, segundo anunciou o rexedor, manteranse os penúltimos luns de cada mes ás 11.00 horas. As comisións informativas cambiarán a súa composición e estarán formadas por catro representantes do Partido Popular; 3 do BNG e 2 do PSOE.
En canto ás dedicacións exclusivas foron aprobadas por unanimidade de todos os grupos. Tal e como está conformado actualmente o goberno local, integrado só por concelleiros nacionalistas, quedará con seis para o BNG máis o alcalde, ademais de sete cargos de confianza dentro dos que se inclúe unha praza técnica de nova creación para que xestione os fondos europeos; tres dedicacións exclusivas para o PP e dous postos de confianza, un deles de nova creación; e o PSOE terá dúas dedicacións e dúas de confianza.
Unha situación que, no caso de que se alcance acordo de goberno de coalición entre o BNG e o PSOE, cambiaría e posiblemente crearíanse máis dedicacións exclusivas.
A achega seguirá sendo de 2.700 euros por grupo, máis 300 euros por concelleiro. As asistencias a pleno serán retribuídas con 300 euros; no caso de que a presidencia do pleno non teña dedicación exclusiva, a achega sería de 450.
Nas xuntas de goberno, o presidente recibirá 300 mentres que o resto 200 euros. E nas comisións informativas serán 200 para a persoa que ocupe a presidencia e 180 euros para o resto de integrantes.
Relacionadas:
-
O pleno municipal fixa as 'regras de xogo' para o novo mandato
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Xeira de visitas do alcalde polas dependencias municipais co fin de achegar os novos obxectivos
Por Redacción |
-
Lores asume a portavocía dun goberno con "cambios profundos e revolucionarios"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Lores levanta o bastón de mando por sétima vez "coa man tendida" a todos os partidos para abrir "unha nova etapa"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |