Lores levanta o bastón de mando por sétima vez "coa man tendida" a todos os partidos para abrir "unha nova etapa"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz
Sen sorpresas sobre o guión previsto, Pontevedra volve ter alcalde nacionalista. Miguel Anxo Fernández Lores volveu levantar o bastón de mando este sábado, como o leva facendo por sete mandatos consecutivos desde 1999. Fíxoo ás 12.45 horas deste sábado tras ser elixido rexedor por 14 votos fronte aos 11 que logrou o candidato do PP, Rafa Domínguez.
Para o seu sétimo mandato consecutivo á fronte da cidade do Lérez, o propio Lores asegurou, no seu discurso xa como alcalde, que propón "abrir unha nova etapa, unha nova fase na construción do futuro de Pontevedra".
Propón, pois "mirar cara o futuro cunha mirada limpa, observando ás tendencias que nos poidan conducir ao futuro mellor e reconsiderando as bases sobre as que construír o noso futuro".
Así, "coa man tendida, cos brazos abertos", convidou a todos os grupos políticos, a todos os axentes sociais e a toda Pontevedra "a que abramos unha nova etapa", na que "desde ou respecto polas lexítimas diferenzas e discrepancias, traballemos axuntando esfozos para avanzar nas direccións correctas".
Ademais, asume a mensaxe dos pontevedres, que lle deron menos apoio este 2023 que catro anos antes, e sinala que que nesta nova etapa que abre propón "dar un novo impulso e reformular a dirección na que se camiña para adaptarse aos tempos e corren e avanzar na dirección correcta".
Tras oito anos de coalición co PSOE, nesta ocasión, logrou a investidura sen alcanzar un acordo de goberno. Varias xornadas de negociacións despois, e a pesar de non lograr reeditar o bipartito, o PSOE si facilitou a súa elección e deulle as súas cinco actas para converterse en alcalde. No seu discurso, Lores agradeceulles o seu apoio.
O reelixido alcalde recoñeceu que é consciente de que o apoio para gobernar "é condicional" e "está supeditado á mellora da acción de goberno", de modo que, ademais de agradecer ese respasldo par ser rexedor, asegura que o toma como "unha obriga de facelo mellor" e "unha asignacióin de deberes para mellorar as cousas" en Pontevedra.
Lestes sábado foi a décima vez que toma posesión como concelleiro en Pontevedra, desde a súa primeira incursión na Corporación na oposición en 1987 e a súa sétima vez como alcalde e, con todo, a pesar desas "experiencias abondosas e variadas", asegurou que a deste sábado foi "a que máis emoción e ilusión me xera".
O PP, lista máis votada, con 11 concelleiros, presentou a Rafa Domínguez como candidato, pero Lores foi investido polas súas 9 actas e as 5 do PSOE, dentro do marco de acordos asinados entre o PSOE e o BNG para toda Galicia.
Rafa Domínguez pediu o apoio do PSOE para ser elixido alcalde cun discurso que lembrou as súas propostas políticas e que o PP gañou as eleccións "de forma contundente", o que quere dicir que "es el partido que mejor ha entendido los intereses de Pontevedra".
O PP é, en opinión de Domínguez, o partido "al que recurren los pontevedreses para tratar de buscar soluciones para los problemas de la ciudad" e reprocha a Fernández Lores e ao PSOE de non conseguir un acordo.
Ao líder do PSOE, Iván Pontes, afeoulle que "antepone sus intereses a los intereses de los pontevedreses" e tamén que antepon "sus intereses políticos a los intereses de su programa".
Relacionadas:
-
Rafa gañou, pero nada cambiou: Lores, alcalde por sétima vez
Por Alejandro Espiño |
-
O pleno municipal fixa as 'regras de xogo' para o novo mandato
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Aprobadas once dedicacións exclusivas no inicio deste mandato
Por Anxo Lourido |
-
Lores asume a portavocía dun goberno con "cambios profundos e revolucionarios"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Xantar nacionalista para dar as grazas a interventores e apoderados
Por Cristina Saiz |
-
Juan Manuel Rey retén a Alcaldía de Caldas co apoio do Bloque
Por Oskar Viéitez |
-
Ángel Moldes é investido alcalde de Poio e entrégalle o bastón de mando Luciano Sobral
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE confirma que apoiará a Lores como alcalde malia seguir sen acordo de goberno co BNG
Por Anxo Lourido |
-
Rafa Domínguez decide postularse para ser alcalde no pleno de investidura
Por Anxo Lourido |
-
"Comprensión mutua" entre BNG e PSOE para sentar "boas bases" de cara a un futuro goberno
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
As negociacións entre BNG e PSOE para renovar o pacto de goberno comezarán esta semana e "sen imposicións"
Por Alejandro Espiño |
-
Iván Puentes, do PSOE: "O BNG se quere a alcaldía, se quere formar parte do goberno, terá que negociar"
Por Anxo Lourido |
-
Seis caras novas para a próxima corporación municipal, que tomará posesión o 17 de xuño
Por Alejandro Espiño |
-
28M | O empuxe de Rafa Domínguez non impedirá un novo bipartito con Lores á fronte
Por Alejandro Espiño |