Ángel Moldes é investido alcalde de Poio e entrégalle o bastón de mando Luciano Sobral
Por Oskar Viéitez
Ángel Moldes foi investido como novo alcalde de Poio.
A sesión de investidura pospúxose media hora como deferencia cara a unha multitudinaria voda que se celebraba no mosteiro pero como a noiva tamén se atrasou finalmente coincidiron fronte ao concello os invitados ao convite de Ana e Gorka e o numeroso público que acudiu a seguir a sesión de investidura na pantalla xigante habilitada na alameda para tal ocasión.
Actuou como anfitrión o rexedor saínte, Luciano Sobral que acompañou ao novo alcalde arroupándoo neste importante acto, unha actitude que foi recoñecida por Moldes que tivo palabras e xestos de agradecemento para o seu antecesor que foi el o encargado de entregarlle o bastón de mando, aínda que xa non é nin sequera concelleiro.
Como era previsible, Ángel Moldes saíu elixido como alcalde cos votos dos dez edís do Partido Popular, fronte aos 4 do PSOE que votaron por Gregorio Agís e os tres edís do BNG que o fixeron por Marga Caldas.
O primeiro en felicitar ao recentemente proclamado alcalde foi Sebas, o fillo de Ángel Moldes que escapou da man da súa nai Marta para darlle un bico.
Emocionado, Ángel Moldes pronunciou un discurso cheo de agradecementos, que iniciou por Nito Sobral "decirlle que forma parte da historia viva deste Concello" despois de 28 anos como alcalde.
Tamén expresou a súa gratitude cara á súa familia, cos seus pais, esposa e fillo presentes no salón de plenos, e a todos os seus compañeiros do Partido Popular de Poio "especialmente a Manuel Besada, Manuel Gómez, como fundadores del partido, Jesús Balea como anterior presidente, Javier Domínguez, como o meu antecesor".
Ángel Moldes destacou a "responsabilidade, cariño e moita humildade" coa que asume este mandato "e, sobre todo, co ánimo e a ilusión de facer cousas polo benestar de todos os vecinos e veciñas".
Aos seus compañeiros de Corporación, do BNG e do PSOE, tendeulles a man "sei ou que é estar na oposición e me poño non voso lugar".
"Empezamos un novo camiño que seguro que non vai ser doado", dixo Moldes. "Sabemos o compromiso que adquirimos ante todos os veciños", dixo o alcalde de Poio "por iso, desde hoxe, o noso compromiso é poñernos a traballar".
Relacionadas:
-
Rafa gañou, pero nada cambiou: Lores, alcalde por sétima vez
Por Alejandro Espiño |
-
Así é o reparto de áreas de xestión entre os concelleiros de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
O novo Goberno de Ángel Moldes pon en marcha un plan de limpeza no concello
Por Redacción |
-
"Agora mesmo a maioría das partidas do orzamento están esgotadas", desvela o alcalde de Poio Ángel Moldes
Por Oskar Viéitez |
-
Juan Manuel Rey retén a Alcaldía de Caldas co apoio do Bloque
Por Oskar Viéitez |
-
María Ramallo, investida por cuarta vez alcaldesa: "Marín espera moito de nós"
Por Diego Espiño |
-
Telmo Martín, a polo seu quinto mandato como alcalde de Sanxenxo
Por Almu Dapena |
-
Lores levanta o bastón de mando por sétima vez "coa man tendida" a todos os partidos para abrir "unha nova etapa"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |