Utilizan pintura negra para converter en descontinua a liña en tres cruces da estrada en Vilalonga
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Sanxenxo e a Garda Civil investigan o repintado das marcas viarias na Avenida Vilar de Vilalonga para converter unha liña continua en descontinua en tres cruces.
Segundo informou o Concello de Sanxenxo, o suceso produciuse na madrugada do venres ao sábado.
A persoa que autora desta acción enfróntase a un delito contra a seguridade viaria que podería conlevar pena de cárcere e unha multa económica de ata 300.000 euros.
Estes tres cruces atópanse no tramo de travesía urbana da PO-550 en Vilalonga que acaba de ser reasfaltado. Estes traballos estaban incluídos no proxecto de remodelación da praza pública de Vilalonga xunto coa construción de beirarrúas e a habilitación das novas prazas de aparcamento.
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, achegouse este martes ata o lugar dos feitos acompañado do concelleiro de Mantemento e Servizos, Yago Torres, así como axentes da Garda Civil e da Policía Local, que investigan esta acción.