Concedidos 231 permisos para a celebración das fogueiras de San Xoán en Sanxenxo
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo tramitou un total de 231 permisos para a celebración das fogueiras de San Xoán. Do total, 13 realizaranse en Caneliñas, 12 en Silgar, 1 en Panadeira, 9 noutros espazos públicos e 196 en leiras privadas.
O Concello poñerá en marcha un operativo especial da Policía Local, Emerxencias e o servizo de limpeza.
O horario de vixencia para a autorización das fogueiras será exclusivamente para a noite do día 23, desde as 22 horas ás 6 horas do 24, período no que quedará prohibido o baño. As persoas con autorización poderán baixar o material á praia a partir das 21 horas. Ás seis da mañá evacuaranse as praias para proceder á súa limpeza garantido que estarán en perfectas condicións á primeira hora da mañá.
Por motivos de seguridade, desde o goberno local advirten que non estará permitido o uso de tendas de campaña nin tampouco de faroliños tailandeses.
Outras medidas preventivas son a colocación de valos para delimitar os espazos autorizados e bidóns para a recollida de cinza.
Entre os requisitos esixidos para poder realizar as fogueiras nos devanditos areais atópase a queima unicamente de leña limpa e en ningún caso de materiais plásticos, madeiras pintadas ou con cravos. Tampouco se poderán levar á praia botellas ou vasos de vidro, nin reproducir música cun volume que poida molestar a zonas de vivendas.
Doutra banda, continúa aberto o prazo para solicitar os permisos para San Pedro ata o 26 de xuño de 9:30 a 14:30 horas.
Relacionadas:
-
Meigas fóra! San Xoán cumpre coa súa tradición nunha noite máxica de lume, sardiñas... e celebración
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Preto de mil persoas apúntanse para celebrar o San Xoán con churrasco e sardiñas no pavillón de Cerdedo
Por Redacción |
-
Comeza o verán con días de praia ao agardarse temperaturas de máis de 30 graos na fin de semana
Por Anxo Lourido |
-
Ángeles Vázquez fai un chamamento para manter as praias limpas de residuos na celebración do San Xoán
Por Oskar Viéitez |
-
Na noite de San Xoán arderán en Marín 11 fogueiras públicas e 127 en espazos privados
Por Oskar Viéitez |
-
A capital recibe 142 comunicacións de fogueiras na noite de San Xoán
Por Oskar Viéitez |