Aroa Otero entrará como concelleira en substitución de Pablo Fernández, nomeado secretario xeral na Xunta
Por Oskar Viéitez
O Consello da Xunta acordou este xoves o nomeamento de Pablo Fernández López como secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, dentro do organigrama da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
O ata o de agora concelleiro do Partido Popular de Pontevedra, ocupaba o posto número 3 na lista de Rafa Domínguez.
O novo cargo é incompatible coa función de concelleiro polo que este mércores presentopu a renuncia a súa acta. A súa saída da corporación municipal se formalizará no pleno do próximo luns.
O posto de Pablo Fernández na corporación municipal asúmeo, Aroa Otero Rodríguez, docente e investigadora da Universidade de Vigo, que foi no número 12 da lista do PP de Pontevedra representando á parroquia de Ponte Sampaio. É graduada en Educación Primaria e ten un máster en Necesidades Específicas de Apoio Educativo.
Pablo Fernández López naceu en 1984 en Pontevedra. É titulado en Enxeñería Industrial pola Uned e en Enxeñeiría Técnico Industrial pola Universidade de Vigo. Conta co título de técnico superior de prevención de riscos laborais e de especialista universitario en Deseño e Cálculo de Estructuras.
Integrante do grupo municipal popular do Concello de Pontevedra e vogal do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnico Industriais de Vigo na actualidade, foi presidente tamén da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra e vicepresidente de AJE Galicia no período 2017-2019; responsabilidades todas elas que compatibilizou coa actividade empresarial.
Relacionadas:
-
Domínguez promete ser "especialmente exigente" e escrutar "cada euro" que xestione o Concello
Por Alejandro Espiño |
-
O pleno municipal fixa as 'regras de xogo' para o novo mandato
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Xornada adicada ás persoas emprendedoras en Marín e Barro
Por Oskar Viéitez |
-
"Dende agora aquí me tedes, o mesmo Agustín de sempre a vosa absoluta disposición"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |