Sesión de bailoterapia na praza da Peregrina da man da UNED
© Pontevedra Viva
Sesión de bailoterapia na praza da Peregrina de man da UNED
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
Uns 60 alumnos da UNED Sénior converteron a Praza da Peregrina nunha discoteca coa súa exhibición da clase de Bailoterapia que imparte na sede de Monte Porreiro o profesor de baile latino Luciano Ricardo Gomes dos Santos.
Os viandantes que atravesaban a céntrica praza aplaudiron aos bailaríns que se movían ao son de bachatas, cumbias e demais ritmos latinos.
O director da UNED en Pontevedra e do Campus Noroeste, Víctor M. González Sánchez, reivindicou á Universidade a Distancia como unha universidade aberta, próxima e ao servizo da cidadanía e convidou os presentes a interesarse pola súa ampla e variada oferta formativa.
En particular, animou aos maiores de 55 anos a participar nas actividades deseñadas polo coordinador da UNED Sénior, Rafael Cotelo Pazos, que abarcan diversos campos do coñecemento e da formación lúdica a través do baile.
FESTIVAL FIN DE CURSO
Pola súa banda, o profesor Luciano Ricardo Gomes dos Santos convidou os presentes a presenciar o festival de fin de curso da UNED Sénior que terá lugar este xoves, a partir das 19:30 horas, no salón de actos da UNED en Monte Porreiro.
Como anécdota sinalar que entre as bailarinas atopábase unha muller que supera os 90 anos de idade e que segue con especial vitalidade as clases e as exhibicións que protagoniza o alumnado da UNED Sénior.
O público premiou con aplausos a exhibición de bailoterapia protagonizada por estes 60 alumnos da UNED Sénior nos que predomina de forma abafadora a presenza feminina.
Sesión de bailoterapia na praza da Peregrina de man da UNED
O director da UNED, Víctor M. González Sánchez, reivindicou á Universidade a Distancia como unha universidade aberta, próxima e ao servizo da cidadanía.
© UNED Pontevedra