Un total de 216 militares participan no Concurso de Patrullas da Brilat
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Ás nove da mañá deste mércores comezou o Concurso de patrullas Tui-Santiago que cada ano organiza a BRILAT.
Participan un total de 216 militares en 34 patrullas de Unidades de toda España, unha patrulla británica, unha francesa e unha portuguesa.
Trátase dunha proba exclusivamente para militares que teñen que completar os 120 quilómetros entre Tui e Santiago de Compostela polo Camiño Portugués portando o seu equipo e armamento regulamentario.
En Pontevedra, os participantes realizaron un descenso en rápel na ponte de Monte Porreiro e cruzaron a nado o río Lérez remolcando o equipo nunha bolsa impermeabilizada.
O acto de entrega trofeos será este xoves na praza do Obradoiro.
Esta actividade forma parte dos distintos actos conmemorativos do 57 Aniversario de creación da BRILAT, e persegue contribuír a "fomentar o espírito de sacrificio das patrullas e o afán de superación dos seus compoñentes" ademais de superar dificultades tanto físicas como psicolóxicas, "contribuíndo ao liderado dos xefes de patrulla" e tamén reforzar os lazos de unión entre as Unidades da BRILAT e do resto de unidades participantes".
Está considerada unha das probas militares máis difíciles de España.
Clasificación final do concurso de patrullas Tui-Santiago de Compostela 2023:
Na modalidade AZOR a que se realiza por relevos:
- Primeiro posto: empate entre Batallón de Infantería Zamora I/29 e Batallón de Cuartel Xeral VII.
- Segundo posto: Batallón de Zapadores VII.
- Terceiro posto: Grupo Loxístico VII.
Todas as unidades son da BRILAT.
Na modalidade COMPOSTELA, na que os participantes realizan o percorrido completo de 120Km:
- Primeiro posto: Terzo Norte de Infantería de Mariña (TERNOR), con sede en Ferrol.
- Segundo posto: Batallón de Cuartel Xeral VII.
- Terceiro posto: Batallón de Infantería Zamora I/29.
Segundo e terceiro posto son unidades da BRILAT.
Relacionadas:
-
"Raptárono, os piratas, raptárono"
Por Oskar Viéitez |
-
As Forzas Armadas ofertan máis de 3.000 prazas para os seus corpos de Terra, Aire e Armada na zona norte de España
Por Redacción |
-
Os militares volverán ao monte coa operación Centinela Gallego a partir do 15 de agosto
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Un día para reforzar os vínculos da Brilat coa Policía Nacional, o Gremio de Mareantes e o Camiño Portugués
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |