O 'guiño' que fai Indiana Jones a Caldas de Reis
Por Alejandro Espiño
Caldas de Reis coouse na última película do aventureiro máis famoso do cinema. Non o fixo o municipio en si, pero si un dos produtos elaborados historicamente nunha das súas empresas. A histórica lata de leite condensado Clesa aparece nunha das súas escenas.
A lata aparece de forma fugaz nunha das escenas da película Indiana Jones y el Dial del Destino, estreada o pasado 30 de xuño. Está na despensa do barco de Renaldo, amigo de Indiana Jones, interpretado polo actor malagueño Antonio Banderas
A escena transcorre a bordo do navío, nun momento no que Helena (interpretada por Phoebe Waller-Bridge) decídese a esculcar pola cociña do barco. Abre un armario da despensa e, nese instante, pode verse o bote metálico de leite condensado Clesa.
O mítico bote de leite condensado xa non existe, posto que a empresa foi actualizando e adaptado o seu catálogo de produtos ás novas tendencias de consumo, moi centrado en iogures, diversas sobremesas lácteas e leite.
Pero trátase dun produto moi ligado á infancia de varias xeracións de mediados do pasado século XX. Nesa época, a variedade de lácteos era moi limitada, e os produtos en conserva que non requirían refrixeración abundaban máis nos fogares.
Moi enerxética polo seu alto contido en azucres, o leite condensado tamén se vía como un alimento máis nutritivo. Era un produto perfecto para ter na despensa dun barco a finais dos anos 60, posto que as tecnoloxías de conservación non estaban tan avanzadas.